Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 24 de agosto de 2022 Páx. 45665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2022/234-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: recuamento LMT GON805 no Ceán.

Situación: Nigrán.

Características técnicas: retíranse 126 metros do tramo GON8052810 e o apoio de formigón 9SGB88CT//D39-7-4. Instálanse dous apoios C-2000/14. Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 184 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no apoio proxectado C-2000/14. Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV con condutor LA-56 en dúas actuacións. A primeira de 33 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no apoio existente 9SHPU00K//D39-7-5; e a segunda de 21 metros, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no apoio existente 9TH6EHB1. As instalacións están situadas en Ceán, no concello de Nigrán (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de agosto de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2022/234-4.

Denominación: recuamento LMT GON805 no Ceán.

Concello: Nigrán.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Telleira

Agrario

54035A036002100000HH

Ricardo Barros Hermida

1

13,9

2,26

6,76

2

Av. Rev. JM Pérez Alonso

Urbana

6856402NG1665N0001QD

Sareb

2

15,24

54,44

42

145,36

128,65