Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 24 de agosto de 2022 Páx. 45672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 28 de xullo de 2022 polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Cabanas (expediente SCOVID/CABANAS/0028 e dous máis).

O Concello de Cabanas acordou a incoación do expediente sancionador SCOVID/CABANAS/0028 e dous máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación dos acordos de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación das resolucións ditadas nos procedementos sancionadores en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publican na súa integridade as notificacións referidas, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro dos actos que se notifican está á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Cabanas, situadas na rúa do Concello, 22, Cabanas (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

As persoas interesadas dispoñen do prazo indicado no parágrafo anterior para achegaren, ante a persoa instrutora do expediente, cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios dos cales pretendan valerse, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non efectuaren alegacións no referido prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución.

De conformidade co disposto nos artigos 85 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e 44.bis.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, as persoas interesadas son informadas de que a sanción que se indica no acordo de incoación poderá estar suxeita ás seguintes reducións: o 25 % no caso do recoñecemento da súa responsabilidade ou do pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento, ou o 50 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade e do pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento. A efectividade de calquera destas reducións estará condicionada á desistencia ou renuncia de calquera acción ou recurso na vía administrativa contra a sanción.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2022

María Jesús Tejada López
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF da persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

SCOVID/CABANAS/0028

32710458L

Incumprimento das normas emitidas polas autoridades sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia polas que se establece a obriga de cumprir a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal

Artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/CABANAS/0033

02739657N

Incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos de uso público ou privado

Artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/CABANAS/0036

05463502J

Incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos de uso público ou privado

Artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros