Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33445

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal (Lei 20/2021, do 28 de decembro).

Mediante Resolución da Alcaldía deste concello do 13 de maio aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal coas seguintes prazas:

Persoal laboral

Categoría laboral

Vacantes

Grupo de clasificación

Sistema de acceso e estabilización

(D.A. 6ª da Lei 20/2021)

Operario/a condutor/a

2

IV

Concurso

Peón/oa

1

V

Concurso

Oficial encargado/a de obras

1

III

Concurso-oposición

Operario/a de servizos múltiples

1

V

Concurso-oposición

Arquitecto/a

1

I

Concurso

Arquitecto/a técnico/a

1

II

Concurso

Limpador/a

1

V

Concurso

Limpador/a

1

V

Concurso-oposición

Auxiliar de axuda no fogar

5

V

Concurso

Traballador/a social

1

II

Concurso

Educador/a social

1

II

Concurso

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2, do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización do persoal laboral do Concello de Cabanas.

Contra a presente resolución pódese interpor alternativamente recurso de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente ou, á elección do/da interesado/a, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que se resolva aquel. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

Cabanas, 13 de abril de 2022

Carlos Ladra Brage
Alcalde