Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33444

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Ames, para a reordenación do espazo urbano na avenida da Peregrina-travesía do Lodeiro.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 31 de marzo de 2022, aprobou inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Ames, para a reordenación do espazo urbano na avda. da Peregrina-travesía do Lodeiro.

De conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello.

Conforme o previsto no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación inicial da modificación puntual determina, por si só, a suspensión das licenzas nos ámbitos en que as novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente. Esta suspensión terá un período máximo de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva. As áreas corresponden ao ámbito da modificación puntual indicado nos planos e no resumo executivo.

Ames, 30 de maio de 2022

José Blas García Piñeiro
Alcalde