Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2022 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento ordinario 66/2022 interposto polo Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte debido á ampliación da demanda.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o procedemento ordinario número 66/2022 interposto polo Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte contra a Resolución do 2 de decembro de 2021 pola que se acorda publicar a relación de postos de traballo do persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo.

Con data do 19.5.2022, o devandito xulgado dita auto logo de estimar a solicitude de ampliación do recurso á Resolución do 8 de abril de 2022 desestimatoria de recurso de reposición contra a Resolución do 10 de febreiro de 2022 pola que se convocan, para o persoal laboral fixo de administración e servizos, os procesos selectivos para a adquisición da condición de funcionario de carreira nas escalas e subescalas propias da Universidade de Vigo.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 26 de maio de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo