No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 103, do 1 de xuño de 2022, sae publicado o anuncio das bases que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza vacante de Policía local no Concello de Cee por mobilidade, conforme o artigo 43 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Cee, 1 de xuño de 2022
Margarita Lamela Louzán
Alcaldesa