Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33448

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo dunha praza en propiedade de enxeñeiro/a técnico/a agrícola, incluída na oferta de emprego público de 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 88, do 9 de maio de 2022, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario/a de carreira, de enxeñeiro/a técnico/a agrícola, integrada no grupo A, subgrupo A2, escala de Administración especial, subescala de técnico medio, polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

A Estrada, 11 de maio de 2022

José C. López Campos
Alcalde