Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31765

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Avión

ANUNCIO de aprobación da oferta extraordinaria de emprego público para estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución desta alcaldía, do 18 de maio de 2022, aprobouse a oferta extraordinaria de emprego público para estabilización do emprego temporal no Concello de Avión, que comprende os seguintes postos de traballo:

Persoal laboral:

Prazas ocupadas antes do 31 de decembro de 2017 que se cubrirán polo sistema de concurso-oposición (artigo 2.4 da Lei 20/2021).

Grupo

Denominación
da praza

Clasificación

Núm.
de prazas

C2

Peón do grupo de emerxencias supramunicipal

Escala: Administración especial, subescala servizos especiais, clase peón de emerxencias

3

Persoal laboral:

Prazas ocupadas antes do 1 de xaneiro de 2016 que se cubrirán polo sistema de concurso (disposición adicional sexta da Lei 20/2021).

Grupo

Denominación
da praza

Clasificación

Núm.
de prazas

A1

Arquitecto/a superior

Escala: Administración xeral

1

A1

Director/a do PAI Ruliños

Escala: Administración xeral

1

A1

Psicólogo/a

Escala: Administración xeral

1

A1

Monitor/a deportivo

Escala: Administración xeral

1

A2

Xefe/a dos servizos sociais municipais

Escala: Administración xeral

1

A2

Administrativo/a

Escala: Administración xeral, subescala administrativa

1

C2

Auxiliar administrativo/a

Escala: Administración xeral, subescala administrativa

2

C2

Coidador/a do PAI Ruliños

Escala: Administración xeral

2

C2

Peón do grupo de emerxencias supramunicipal

Escala: Administración especial, subescala servizos especiais, clase peón de emerxencias

6

E

Limpador/a

Escala: Administración xeral, subescala subalterna

1

E

Condutor-tractorista

Escala: Administración xeral, subescala subalterna

1

Tendo en conta que as prazas que se inclúen correspondentes aos peóns do grupo de emerxencias supramunicipal están ocupadas actualmente por persoal laboral indefinido non fixo por ter sido declarados así por sentenzas ditadas en cada caso polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, impugnadas polos interesados ante o Tribunal Supremo reclamando a fixeza dos seus contratos, o proceso de estabilización referido ás ditas prazas condiciónase ao resultado final dos ditos recursos, para, no caso de resultar finalmente declarada tal fixeza, quedar fóra deste e, en caso contrario, continuar co procedemento.

No caso de que durante o proceso de estabilización das anteriores prazas relacionadas, e antes da súa resolución definitiva, algunha ou algunhas delas quede vacante con carácter definitivo, decretarase o final do procedemento de estabilización con respecto á que corresponda e decaerán todas as actuacións, para os efectos de proceder á súa cobertura por calquera dos procedementos ordinarios previstos no artigo 61 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Contra esta resolución pódese interpor alternativamente recurso de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á elección do/a interesado/a, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que se resolva aquel. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

Avión, 23 de maio de 2022

Antonio Montero Fernández
Alcalde