Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31767

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballeda de Avia

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización de persoal temporal.

Mediante a Resolución da concelleira delegada de Persoal, do 23 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal, de conformidade co establecido na Lei 20/21, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, coas seguintes prazas:

Persoal laboral:

Denominación: administrativo.

Grupo III.

Vacantes: 2.

Xornada: completa.

Sistema de acceso: concurso.

Denominación: operario condutor.

Grupo V.

Vacantes: 1.

Xornada: completa.

Sistema de acceso: concurso.

Denominación: operario palista.

Grupo V.

Vacantes: 1.

Xornada: media.

Sistema de acceso: concurso.

Denominación: traballador social.

Grupo II.

Vacantes: 1.

Xornada: completa.

Sistema de acceso: concurso.

Denominación: traballador social.

Grupo II.

Vacantes: 1.

Xornada: media.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Denominación: psicólogo.

Grupo I.

Vacantes: 1.

Xornada: completa.

Sistema de acceso: concurso.

Denominación: auxiliar de axuda no fogar.

Grupo V.

Vacantes: 10.

Xornada: completa.

Sistema de acceso: concurso.

Denominación: limpiador.

Grupo V.

Vacantes: 1.

Xornada: completa.

Sistema de acceso: concurso.

Denominación: limpiador.

Grupo V.

Vacantes: 1.

Xornada: media.

Sistema de acceso: concurso.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réximen local e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal desta corporación no BOP, no DOG e na páxina web do Concello.

O que se fai público para os efectos oportunos e para xeral coñecemento.

Contra o dito acordo, os interesados poderán interpor recurso de reposición potestativo ante a concelleira delegada de Persoal, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen perxuízo de que poidan interpor calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Carballeda de Avia, 23 de maio de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 2.7.2019)
Noemí Alonso Cubo
Concelleira delegada de Persoal