Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 11 de maio de 2022, sobre o acordo de emprazamento no procedemento ordinario 477/2021, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, do recurso contencioso-administrativo contra a Resolución do 22 de outubro de 2021 pola que se anuncia o acordo do Consello Reitor de aprobación do prego tipo para o outorgamento de autorizacións para realizar actividades inherentes á autoprestación de servizo portuario especial á pasaxe nas infraestruturas portuarias competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento da solicitude formulada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Santiago de Compostela na cal se ordena o emprazamento aos interesados, en relación co recurso contencioso-administrativo PO 477/2021, interposto por Naviera Mar de Ons, S.L., de acordo co artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse cantos aparezan como interesados no procedemento de acordo do Consello Reitor de aprobación do prego tipo para o outorgamento de autorizacións para realizar actividades inherentes á autoprestación de servizo portuario especial á pasaxe nas infraestruturas portuarias competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, para que poidan presentarse ante o Xulgado Contencioso-Administrativo nº 2 de Santiago de Compostela, no prazo de nove (9) días contado desde a publicación deste anuncio.

O que se fai publico para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente: PO 477/2021.

Demandante: Naviera Mar de Ons, S.L.

Demandado: Portos de Galicia.

Acto demandado: Resolución do 22 de outubro de 2021 pola que se anuncia o acordo do Consello Reitor de aprobación do prego tipo para o outorgamento de autorizacións para realizar actividades inherentes á autoprestación de servizo portuario especial á pasaxe nas infraestruturas portuarias competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Acto publicado: emprazamento aos interesados.