Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31794

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

A alcaldesa ditou a Resolución núm. 2022-1222, do 20 de maio de 2022, pola que aprobou a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Redondela, segundo o previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. En cumprimento da citada resolución, procédese á publicación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Redondela, pola que se ofertan as seguintes prazas:

– Quenda libre:

A) Persoal funcionario, a tempo completo:

Prazas

Denominación

Escala

Subescala

Clase

Categoría

Grupo/subgrupo

Sistema de selección

1

Técnico/a de xestión

Admón. xeral

Xestión

Media

-

A2

Concurso-oposición

B) Persoal funcionario, a tempo parcial:

Prazas

Denominación

Escala

Subescala

Clase

Categoría

Grupo/subgrupo

Sistema de selección

1

Auxiliar da Administración xeral

Admón. xeral

Auxiliar

-

-

C2

Concurso

C) Persoal laboral fixo:

Prazas

Denominación

Categoría

Grupo/subgrupo

Sistema de selección

1

Oficial condutor

Oficial

C2

Concurso-oposición

D) Persoal laboral fixo, a tempo parcial:

Prazas

Denominación

Categoría

Grupo/subgrupo

Sistema de selección

1

Mestre/a de piano (27 horas semanais)

Mestre/a

A2

Concurso

1

Mestre/a de piano (20 horas semanais)

Mestre/a

A2

Concurso

1

Mestre/a de piano (10 horas semanais)

Mestre/a

A2

Concurso

O prazo máximo para a publicación das convocatorias dos procesos selectivos incluídos nesta oferta de emprego público será o 31 de decembro de 2022 nos termos establecidos no artigo 2.1, parágrafo segundo, da Lei 20/2021.

Recursos:

Contra o acordo de aprobación da oferta de emprego público, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO, ao abeiro do establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124.2 da dita Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, ou ben entón as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses contados desde o día seguinte de aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte ao establecido no artigo 46.1) e 4) da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que as persoas interesadas xulguen procedente conforme a dereito.

Redondela, 20 de maio de 2022

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa