Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31793

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello, do 23 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, coas seguintes prazas segundo a publicación do cadro de persoal no BOP da Coruña nº 244, do 24 de decembro de 2021:

Denominación praza

Categoría

Nº prazas

Situación laboral

Sistema

(da 6ª e 8ª Lei 20/2021)

Axente de emprego e desenvolvemento local

Axente de emprego e desenvolvemento local

1 vacante

Laboral indefinido non fixo

Concurso

Traballador/a social

Traballador/a social

1 vacante

Laboral indefinido non fixo

Concurso

Educador/a familiar

Educador/a social/familiar

1 vacante

Laboral indefinido non fixo

Concurso

Técnico de Cultura

Técnico cultural

1 vacante

Laboral indefinido non fixo

Concurso

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Paderne.

Contra a presente resolución pódese interpoñer alternativamente recurso de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente ou, a elección do/da interesado/a, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto.

Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que xulgue máis conveniente ao seu dereito.

Paderne, 23 de maio de 2022

César Longo Queijo
Alcalde presidente