Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31791

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO da oferta de emprego público para 2022.

Mediante a Resolución desta alcaldía do 20 de maio de 2022 aprobouse a oferta de emprego público excepcional de 2022 para a estabilización de emprego temporal, correspondente ás seguintes prazas estruturais de persoal funcionario e laboral do Concello de Mondariz, desempeñadas por persoal con vinculación temporal e cos requisitos exixidos na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público; o proceso de estabilización realizarase unha única vez:

Prazas de persoal funcionario:

Denominación

Grupo/subgrupo

Escala/subescala

Vacantes

Arquitecto

A1

Adm. especial (técnica)

1

Técnico de contabilidade

A2

Adm. xeral (xestión)

1

Traballadora social (xornada a tempo parcial)

A2

Adm. especial (técnica) 

1

T. en intervención familiar-psicólogo

A2

Adm. especial (técnica)

1

T. medio-AEDL

A2

Adm. especial (técnica)

1

Bibliotecario (xornada a tempo parcial)

C1/A2

Adm. xeral (adm./xestión)

1

T. de cultura e xuvenil-informador xuvenil

A2

Adm. especial (técnica)

1

Oficial administrativo

C2/C1

Adm. xeral (aux./adm.)

1

Operario de obras e servizos

Agrup. prof. E

Adm. especial (S.E.)

1

Prazas de persoal laboral:

Denominación

Grupo de clasificación

Vacantes

Conserxe

V

1

Aux. de axuda a domicilio

V

6

Profesor de música (xornadas a tempo parcial)

II

4

Oficial de obras e servizos

IV

1

Operario de obras e servizos

V

1

Operario de obras e servizos-recollida de lixo

V

1

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Mondariz.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que puidesen considerar máis conveniente ao seu dereito.

Mondariz, 20 de maio de 2022

Xosé Emilio Barros Bello
Alcalde