Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31789

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público de 2022 para a estabilización do emprego temporal.

Mediante o Decreto da Alcaldía núm. 163/2022, do 20 de maio de 2022, aprobouse a oferta extraordinaria de emprego público do Concello de Mesía para o ano 2022, para a estabilización do emprego temporal, que contén as seguintes prazas de persoal laboral:

Denominación da praza

Grupo de cotiz.

Nº de prazas

Situación laboral

Concurso-oposición (art. 2 da Lei 20/2021)

Concurso

(D.A. 6ª e 8ª da Lei 20/2021)

Peón/peoa condutor/a

10

2

Lind.

X

Peón/peoa de xardinaría

10

3 (1 a media xornada)

2 LT, 1 Lind.

X

Auxiliar de axuda a domicilio

6

11 (4 a tempo parcial)

LT

X

Limpador/a

10

2

LT

X

Encargado/a da limpeza

9

1

LT

X

Conserxe

6

1

LT

X

Asistente de instalacións informáticas

5

1

Lind.

X

Traballador/a social-coordinadora

2

1

LT

X

Auxiliar administrativo de servizos sociais

7

1

Lind.

X

Educador/a familiar

2

1

LT

X

Axente de emprego e desenvolvemento local

2

1

Lind.

X

Animador/a deportivo

2

1

LT

X

Monitor/a de tempo libre

6

1

LT

X

LT: laboral temporal.

Lind.: laboral indefinido.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse alternativamente recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses de acordo co artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. De se optar por interpor recurso potestativo de reposición, non se poderá interpor o contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio administrativo. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outra actuación que considere máis conveniente ao seu dereito.

Mesía, 23 de maio de 2022

Mariano Iglesias Castro
Alcalde