Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello, do 19 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións do artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, coas seguintes prazas:
Persoal funcionario interino:
Denominación |
Nº vacantes |
Xornada |
Sistema |
Peón/operario de servizos varios, persoal funcionario interino |
1 |
Completa |
Concurso |
Persoal laboral:
Denominación |
Nº vacantes |
Xornada |
Sistema |
Auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral temporal |
7 |
Completa |
Concurso |
Auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral temporal |
1 |
Completa |
Concurso-oposición |
Auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral temporal |
1 |
Media |
Concurso |
Auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral temporal |
1 |
Media |
Concurso-oposición |
Psicólogo/a servizos sociais, persoal laboral temporal |
1 |
Completa |
Concurso |
Traballador/a social, persoal laboral temporal |
1 |
Completa |
Concurso |
Educador/a social, persoal laboral temporal |
1 |
Completa |
Concurso |
Subalterno/a CPI, persoal laboral temporal |
1 |
Completa |
Concurso |
Peón (limpador/a), persoal laboral temporal |
3 |
Completa |
Concurso |
Auxiliar administrativo, persoal laboral temporal |
2 |
Completa |
Concurso |
Chofer, persoal laboral temporal |
1 |
Completa |
Concurso |
Arquitecto/a, persoal laboral temporal |
1 |
Completa |
Concurso |
Peón sen cualificar, persoal laboral temporal |
3 |
Completa |
Concurso-oposición |
Auxiliar administrativo/a contable (técnico/a xestión), persoal laboral temporal |
1 |
Completa |
Concurso-oposición |
Peón (limpador/a), persoal laboral temporal |
1 |
Media |
Concurso-oposición |
Auxiliar de recadación, persoal laboral temporal |
1 |
Completa |
Concurso-oposición |
Persoal laboral fixo descontinuo:
Denominación |
Nº vacantes |
Xornada |
Sistema |
Socorrista piscinas, persoal laboral temporal |
2 |
Completa/3 meses ano |
Concurso |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Maside.
Contra esta resolución pódese interpoñer alternativamente recurso de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente ou, á elección do interesado, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses. Se se opta por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto.
Todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente conforme dereito.
Maside, 19 de maio de 2022
José Manuel Iglesias Araújo
Alcalde presidente