Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31796

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribas de Sil

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello do 18 de maio de 2022 aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións do artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a seguir se indican:

Persoal laboral:

Denominación

Categoría

Antes do 1.1.2016

Antes do 30.12.2020

Arquitecto/a asesor/a mun.

Arquitecto/a

1 praza (XP 50 %)

estabilización

concurso-oposición

Técnico/a local de emprego

Técnico/a

1 praza (XC)

estabilización/concurso

Traballador/a social

Técnico/a

1 praza (XC)

estabilización/concurso

Auxiliar de axuda a domic. SAF

Auxiliar

4 prazas (XC)

estabilización/concurso

3 prazas (XC)

estabilización

concurso-oposición

Limpador/a

Operario/a

1 praza (XP 75 %)

estabilización/concurso

Oficial de primeira condutor

Oficial-condutor

1 praza (XC)

estabilización/concurso

Oficial de primeira construción

Oficial-construción

1 praza (XC)

estabilización/concurso

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publicase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Ribas de Sil no Boletín Oficial da provincia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interporse alternativamente recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo ou, á súa elección, o que corresponda a seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puider considerar máis conveniente ao seu dereito.

Ribas de Sil, 19 de maio de 2022

Miguel Ángel Sotuela Vega
Alcalde