Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28670

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 61/2022, do 5 de maio, polo que se aproba o cambio de titularidade da estrada provincial LU-P-5102 N-VI-estación de Rábade, a prol do Concello de Rábade.

Segundo o previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Pleno da Deputación Provincial de Lugo, con data do 28.9.2021, propón a solicitude de cambio de titularidade do treito urbano da rede viaria provincial que, situada no termo municipal de Rábade, coincide coa rúa Músico Crisanto, baixo a denominación LU-P-5102 á estación de Rábade. Esta estrada conta cunha lonxitude de 184 metros e presenta un firme formado por pedras de granito, con largo medio de 12 metros, contando con beirarrúas e rede de drenaxe soterrado. O estado que presenta é bo.

O Concello de Rábade, na sesión ordinaria do 13.12.2021, aceptou a transferencia da estrada provincial LU-P-5102 N-VI-estación de Rábade.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, indica que a estrada LU-P-5102 N-VI-estación de Rábade, cumpre co estipulado no número 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, segundo o cal estes só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou cando non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios dos cales forme parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles, que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente, a través da rede de estradas da Administración cedente ou das redes de estradas de titularidade de administracións de maior ámbito territorial, polo que se formula a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de maio de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Rábade da estrada LU-P-5102:

Denominación

p.q.i

Coordenadas UTM (ETRS89) fuso 29

p.q.f

Coordenadas UTM (ETRS89) fuso 29

Lonx. (m)

LU-P-5102

N-VI-estación de Rábade

0+000

X = 611.694

Y = 4.775.069

0+184

X = 611.834

Y = 4.775.188

184

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre o Concello e a Deputación.

Artigo 3

Corresponden ao Concello de Rábade, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puider corresponder como nova Administración titular da estrada.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de maio de dous mil vinte e dous

Alberto Núñez Feijóo
Presidente en funcións

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións