Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica LMTS e CT Camiño da Quinta (modificado) no concello de Mos (expediente IN407A 2020/109-4 modificado).

Expediente: IN407A 2020/109-4 (modificado).

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS e CT Camiño da Quinta (modificado).

Concello: Mos.

Feitos:

Primeiro. O 1 de xullo de 2020, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS e CT Camiño da Quinta.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na instalación dun centro de transformación de 160 kVA e dunha liña de media tensión soterrada para alimentar o centro de transformación. As instalacións están situadas no lugar de Arufe, na parroquia de Cela, no concello de Mos.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Mos, a Confederación Hidrográfica de Miño-Sil e o Servizo de Patrimonio Cultural de Pontevedra. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

Terceiro. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante Resolución do 24 de xullo de 2020 publicada nos seguintes medios:

DOG (Diario Oficial de Galicia): 17 de agosto de 2020.

BOPPO (Boletín Oficial da provincia de Pontevedra): 10 de agosto de 2020.

Xornal Faro de Vigo: 5 de agosto de 2020.

Taboleiro de anuncios do Concello de Mos do 29 de xullo de 2020 ao 9 de setembro de 2020 conforme o certificado expedido polo propio Concello.

Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

Cuarto. No Boletín Oficial del Estado (BOE) do 14 de agosto de 2020 publicouse un anuncio desta xefatura polo que se notifica a afección da parcela con referencia catastral 36033A068006950000SY por ser descoñecido o propietario.

Quinto. O 24 de febreiro de 2021, esta xefatura ditou unha resolución de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2020/109-4). Esta resolución foi publicada no DOG do 24 de marzo de 2021 e no BOPPO do 15 de marzo de 2021 coas seguintes características:

LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ1, de 1016 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo para realizar no apoio existente HV-1000/15 (A1LYTGDM), do tramo ATI7210294, anterior ao centro de transformación Pardellas, e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación, a 160 kVA, con R.T. 15 kV/400 V. A instalación está situada no lugar de Arufe, Cela, municipio de Mos.

Sexto. O 28 de outubro de 2021, UFD achegou un proxecto modificado debido a un cambio da situación do centro de transformación en relación co proxecto orixinal. Conxuntamente coas modificacións proxectadas, UFD presenta un acordo coa persoa propietaria da nova parcela afectada polo cambio de situación do centro de transformación, o que implica que xa non é necesaria a declaración de utilidade pública.

Examinado o modificado, conclúese que as diferenzas co proxecto orixinal son substanciais, pois cámbiase a localización do centro de transformación para a parcela 36033A0680086700000SR e, consecuentemente, a liña de media tensión subterránea pasa a ter unha lonxitude de 62 metros.

Sétimo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Mos e o Servizo de Montes de Pontevedra. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG núm. 5, do 11 de xaneiro de 2021) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación a este expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión soterradda (LMTS) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 62 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo soterrado proxectado no apoio existente HV-100/15 (A1LYTGDM) e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación de 160 kVA de potencia, rural fin de liña manobra exterior en envolvente prefabricada de formigón con telexestión BT e R.T. 15000/400 V.

As instalacións están localizadas no lugar de Arufe, na parroquia de Cela, no concello de Mos. (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

resolvo:

Primeiro. Deixar sen efecto a Resolución do 24 de febreiro de 2021 desta xefatura pola que se concede autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMTS, CT Camiño da Quinta no concello de Mos (expediente IN407A 2020/109-4).

Segundo. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS, CT Camiño da Quinta (modificado), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condición establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Terceiro. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Cuarto. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 11 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra