En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:
Solicitante/promotora: Neiva Directorship, S.L.
Domicilio social: rúa Emisora, nº 20, Pozuelo de Alarcón 28224 (Madrid).
Denominación do proxecto: parque eólico Xeada.
Concellos afectados: A Rúa, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e Quiroga (Lugo).
Potencia que se instalará: 33 MW.
Produción neta anual estimada: 113.735 MWh/ano.
Orzamento de execución material (sen IVE): 27.587.752,01€.
Localización (área de afección):
Vértice poligonal |
Parque eólico Xeada |
|
ETRS89 |
||
UTM29N-X |
UTM29N-Y |
|
1 |
654.218,00 |
4.702.322,00 |
2 |
656.110,00 |
4.705.195,00 |
3 |
658.912,00 |
4.706.051,00 |
4 |
653.099,00 |
4.695.339,00 |
5 |
652.585,00 |
4.695.379,00 |
6 |
649.703,00 |
4.697.437,00 |
7 |
651.922,00 |
4.701.183,00 |
Localización dos aeroxeradores:
Aeroxerador |
Parque eólico Xeada |
|
ETRS89 |
||
UTM29N-X |
UTM29N-Y |
|
1 |
657.262,00 |
4.705.283,00 |
2 |
657.228,00 |
4.704.598,00 |
3 |
656.862,00 |
4.704.010,00 |
4 |
656.316,00 |
4.703.337,00 |
5 |
657.124,00 |
4.703.483,00 |
Localización do centro de seccionamento:
Centro de seccionamento |
Parque eólico Xeada |
|
ETRS89 |
||
UTM29N-X |
UTM29N-Y |
|
A |
652.452,00 |
4.699.391,00 |
B |
652.461,00 |
4.699.392,00 |
C |
652.461,00 |
4.699.386,00 |
D |
652.452,00 |
4.699.387,00 |
CENTROIDE |
652.456,00 |
4.699.389,00 |
Localización da torre meteorolóxica:
Torre meteorolóxica |
Parque eólico Xeada |
|
ETRS89 |
||
UTM29N-X |
UTM29N-Y |
|
TM |
657.038,00 |
4.704.331,00 |
As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico son as seguintes:
5 aeroxeradores modelo Siemens Gamesa SG 6.6-170 de 6,6 MW de potencia unitaria, altura de buxa 135 m y 170 m de diámetro de rotor.
1 centro de transformación, instalado unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador, formado por un transformador de 7.000 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.
Rede eléctrica soterrada a 30 kV, con condutor tipo Al HEPRZ1 18/30 kV 1×240, 400, 630K + H 16 Cu, para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre os centros de transformación 0,69/30 kV.
Unha torre meteorolóxica de 135 m de altura.
Centro de interconexión, con edificio de control, equipos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e nas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental e proxecto de interese autonómico.
Esta documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 63/982 88 90 60) e de Ourense (rúa Curros Enríquez, 1-4º, 32071 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa, respectivamente, no correo electrónico enerxia-minas.ceei.ourense@xunta.gal ou nos teléfonos 988 68 77 50/988 38 67 13), así como nos concellos da Rúa, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e Quiroga (Lugo), e na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79/981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion
O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar a documentación técnica e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, no prazo de 30 días contados a partir da última publicación desta resolución.
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2022
Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais