Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda, polo que se notifica a resolución do expediente RA/DXCAA/CMATV/2021/00050 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións dos recursos.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2022

María Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

RA/DXCAA/CMATV/2021/00050

José Ramón Núñez Lago

Resolución recurso de alzada

REV/VI/2017/00164

Fanny Sorkin Arochena

Resolución recurso de alzada