Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 15040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de febreiro de 2022 pola que se emprazan os interesados no procedemento abreviado 20/2022 no expediente de reposición da legalidade PON/380/2014

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, en relación co procedemento abreviado número 20/2022, interposto pola persoa con DNI 34872094T, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición, interposto contra a Resolución ditada o 13 de agosto de 2015 (expediente PON/380/2014), na cal se declara que as obras consistentes na construción dunha edificación auxiliar destinada a usos residenciais, no lugar de Puzo, A Chaira, concello de Ponteareas, parcela catastral 36042A058001770001FR, non son legalizables por ser incompatibles co ordenamento urbanístico e se ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas –LPACAP–, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado) emprázase a persoa con DNI 53176711K para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística