Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 15038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-1069/2021-PPM e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-PO-1069/2021-PPM e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 16 de febreiro de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-1069/2021-PPM

76934160B

Inicio

Cabo Falcoeiro, 8, Poio

PSC-PO-1073/2021-PPM

39459633M

Inicio

2ª Travesía do Foxo, 11, Vigo

PSC-PO-1076/2021-PPM

36144237J

Inicio

Seara, 9, interior, Vigo

PSC-PO-1080/2021-PPM

77478799X

Inicio

1ª Travesía Puntada, 14, Poio

PSC-PO-1090/2021-PPM

53817138J

Inicio

Travesía de Vigo, 215, Vigo

PSC-PO-1095/2021-V

35473783D

Inicio

Estorninos, 6, Vilagarcía de Arousa

PSC-PO-1102/2021-TRA

44836834J

Inicio

Barbanza, 7, Ribeira