Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 15041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2022 polo que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/97/2020-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 14 de febreiro de 2022, ditou resolución pola que se declara que as obras consistentes nunha construción con tipoloxía de vivenda unifamiliar, de tres plantas (a planta inferior e a intermedia cunha superficie aproximada por planta de 108,08 m² e a planta baixo cuberta cunha superficie aproximada de 134,54 m²), sitas no lugar de Pena de Arán, parroquia de Touro, no termo municipal de Touro, provincia da Coruña (parcela catastral 15086A516003430000UE), non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a súa demolición.

Ao non se poder realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do documento nacional de identidade 36071020-M, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística