Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2021 Páx. 61496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2021 pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número un do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

Antecedentes de feito:

1. En virtude da Resolución do 18 de marzo de 2021, o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) acordou aprobar inicialmente os proxectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución dos polígonos 1, 2 e 3 do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo), polo procedemento de taxación conxunta, e sometelos a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción dos anuncios no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 63, do 6 de abril) e nos xornais de maior circulación da provincia (os anuncios publicáronse o día 6 de abril de 2021, nas edicións de Deza-Tabeirós, Arousa, Pontevedra e Vigo de La Voz de Galicia, así como no Faro de Vigo).

A taxación dos bens e dereitos que se precisan ocupar neste expediente notificóuselles individualmente aos que aparecen como os seus respectivos titulares, mediante traslado literal da citada Resolución do 18 de marzo de 2021, da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que puidesen formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de recepción da referida notificación, tal e como se sinala no artigo 118.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Igualmente, a dita resolución publicouse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE núm. 85, do 9 de abril), para os efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, o expediente estivo exposto ao dispor das persoas interesadas no Concello de Vigo, na sede da Área Provincial do IGVS en Pontevedra e na páxina web do IGVS, http://igvs.xunta.gal/. Igualmente, deuse audiencia ao citado concello e notificóuselle ao Ministerio Fiscal.

2. O 3 de xuño de 2021, a xefa da Área Provincial do IGVS en Pontevedra emprazou mediante publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 116, do 21 de xuño) a aquelas persoas interesadas ás cales non se puido practicar a notificación das referidas follas de valoración, para seren notificadas por comparecencia no citado expediente.

3. O 20 de xullo de 2021, por resolución do director xeral do IGVS, acordouse o inicio dos trámites de exclusión de determinados bens e dereitos do expediente expropiatorio para a execución dos polígonos 1, 2 e 3 do solo residencial de San Paio de Navia, no concello de Vigo (DOG núm. 141, do 26 de xullo e corrección de erros no DOG núm. 143, do 28 de xullo). Con posterioridade, a través da Resolución do director xeral do IGVS do 4 de novembro de 2021 e tras o cumprimento do procedemento administrativo establecido no artigo 295.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, acordouse aprobar definitivamente a súa exclusión (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

4. Cumpridos os anteriores trámites, a Administración expropiante, por proposta do perito nomeado para os efectos neste expediente, elaborou un informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas, así como as preceptivas follas de prezo xusto definitivas.

5. En virtude do especificado nos artigos 18 e 19 do Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, o 12 de agosto de 2021, mediante resolución administrativa, o director xeral do IGVS acordou aprobar o procedemento e iniciar os trámites para recoñecer o dereito de realoxamento ás persoas ocupantes legais de vivendas que constitúan a súa residencia habitual no ámbito expropiado, actualmente en tramitación.

6. O 25 de novembro de 2021, a Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos do IGVS asinou o informe sobre a dispoñibilidade orzamentaria co fin de afrontar os expedientes expropiatarios para a execución dos polígonos 1, 2 e 3 do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

7. O 25 de novembro de 2021, a xefa da Área Provincial do IGVS en Pontevedra e representante da Administración desta expropiación emitiu o informe proposta de resolución de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número 1 do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

Consideracións legais:

Primeira. O proxecto de expropiación forzosa tramítase polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade co disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Segunda. O dito proxecto ten por obxecto a expropiación polo IGVS, en beneficio propio, dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono número 1 do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

De conformidade co disposto no número 10 do artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Terceira. O expediente tramitado reúne a documentación relacionada no artigo 118.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. Di así o citado artigo:

«1. Nos supostos do procedemento de taxación conxunta, o expediente conterá os seguintes documentos:

a) Delimitación do ámbito territorial, cos documentos que o identifiquen en canto a situación, superficie e lindes coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación dos seus titulares.

b) Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

c) Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, nos que se conterá non só o valor do solo, senón tamén o correspondente ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.

d) Follas de prezo xusto que correspondan a outras indemnizacións.

2. O proxecto de expropiación, cos documentos sinalados, será aprobado inicialmente e exposto ao público polo prazo dun mes, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».

A relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se expropian, figuran no anexo desta resolución.

Cuarta. O artigo 118.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, establece que «emitido informe sobre as alegacións, someterase o expediente á aprobación do órgano municipal autonómico que sexa competente. Enténdese que o órgano autonómico competente será a persoa titular da consellería expropiante».

Pois ben, en virtude do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 190, do 18 de setembro), o IGVS quedou adscrito á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda. Segundo o anterior, a persoa titular desa consellería sería a competente para ditar esta resolución. Agora ben, a Orde do 25 de outubro de 2019 (DOG núm. 210, do 5 de novembro), sobre delegacións de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, establece no seu ordinal terceiro, o cal leva por rúbrica «expropiación forzosa», que «deléganse nas persoas titulares das direccións xerais da consellería, no ámbito das súas respectivas competencias, o exercicio das facultades que o ordenamento xurídico atribúe á persoa titular da consellería expropiante».

Logo do anterior, enténdese competente para ditar esta resolución, por delegación de competencia, a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

De acordo co informe proposta da xefa da Área Provincial do IGVS en Pontevedra do 25 de novembro de 2021, que consta no expediente,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número 1 do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo), coa estimación ou desestimación das alegacións presentadas, segundo os casos, nos termos que aparecen nos informes, respecto de cada unha delas que constan no expediente e, consecuentemente, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación.

O pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto en vía administrativa.

Segundo. Ordenar a notificación desta resolución, de xeito individualizado, a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran como tales neste expediente de expropiación, ao que se lle deberá unir a correspondente folla de prezo xusto definitiva.

Igualmente, deberase notificar esta resolución ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación coas persoas propietarias descoñecidas, e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda en Pontevedra, unha vez determinado, con carácter firme, o prezo xusto dos bens, dereitos ou intereses patrimoniais que se expropian.

Terceiro. Ordenar a publicación desta resolución, así como o seu anexo, que contén a relación das persoas titulares dos ben e dereitos que se expropian, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo. Así mesmo, publicarase un anuncio no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de que sirva de notificación ás persoas propietarias descoñecidas e das cales se ignore o lugar de notificación ou o medio, ou ben, intentada esta non se puidese practicar, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte da recepción da notificación ou, de ser o caso, da data da publicación no Boletín Oficial del Estado, os interesados poderán manifestar, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral do IGVS, a súa desconformidade coa valoración fixada no expediente aprobado, conforme o que dispón o artigo 118.7 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

A dita desconformidade presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do procedemento normalizado con código de procedemento PR004A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/, que deberá dirixirse á Dirección Xeral do IGVS.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aqueles suxeitos non obrigados a relacionarse electronicamente coas administracións públicas, conforme o artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderán presentar a súa desconformidade na Área Provincial do IGVS en Pontevedra (sita na rúa Alcalde Hevia, 7, 36071 Pontevedra).

Transcorrido o citado prazo sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente, de conformidade co artigo 118.8 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
P.D. (Orde do 25.10.2019)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se expropian para a execución do polígono número 1 do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo)

Nº orde

Ref. catastral

Persoas titulares

Supef. exp. (m2)

Afección

63A

Rodríguez Costas, herdeiros de Alcira

39

Total

64A

Villar Méndez, Fernando e outros

70

Total

70-1

9736126NG1793N

Romero Fernández, Feliciano e outra

21,98

Parcial

71

9736127NG1793N

Pérez Estévez, José

2.286,14

Parcial

73

9838421NG1793N

Rodríguez Iglesias, Manuel

1.409,36

Parcial

75

9838402NG1793N

Cadavid Pérez, Francisco

43

Total

75-1

9838433NG1793N

Cadavid Pérez, Francisco

257

Total

77

9736113NG1793N

Alonso Cochón, Ángel

104,63

Parcial

077AR1

9736113NG1793N-AR1

La Barca Pasiva

0

Arrendatario

077AR2

9736113NG1793N-AR2

Acosta Lopez, Martín e outros

0

Arrendatario

78

9736114NG1793N

Goberna Fernández, herdeiros de Marcial

189,56

Parcial

78-1

97361F0NG1793N

Goberna Fernández, herdeiros de Marcial

87,99

Parcial

79

9736115NG1793N

Díaz Díaz, Elena

92,16

Parcial

80

9736116NG1793N

Goberna, Julia

151,19

Parcial

81

9736117NG1793N

Abreu Janeiro, Elvira e outros

612

Total

81-1

97361E6NG1793N

Abreu Janeiro, Elvira e outros

501

Total

82

9736118NG1793N

Costas Costas, Mercedes

240

Total

83

9736119NG1793N

Dasilva Caballero, Julita María del Rosario e outro

251

Total

84

97361F5NG1793N

Dasilva Caballero, Julita María del Rosario e outro

503

Total

84-1

97361F6NG1793N

Dasilva Caballero, Julita María del Rosario e outro

502

Total

87

9736124NG1793N

Cid González, Carla e outros

2.457

Total

89

97361E8NG1793N

42 Norte, S.A.

148,7

Parcial

90-1

97361G0NG1793N

Rial Alonso, José Luis e outros

247

Total

102

9935817NG1793N

Alonso Aldao, Eduardo e outra

1.351

Total

105

9935871NG1793N

Celaya Alonso, herdeiros de María Teresa

99

Total

114

0036101NG2703N

Descoñecido

51

Total

116

9935815NG1793N

Costas González, María Consuelo

411

Total

117

9935814NG1793N

Estévez Comesaña, Luis e outros

180

Total

118

9935813NG1793N

Descoñecido

469

Total

119

9935810NG1793N

Giadas Nieto, Teresa e outros

1.096

Total

120

9935875NG1793N

Rey Goberna, Lisardo

101,18

Parcial

131A

Rodríguez Díaz, José Luis e outra

173

Total

133

9935829NG1793N

Alonso

234

Total

141

9935857NG1793N

Alonso Rial, herdeiros de Florentino

718

Total

143

9935864NG1793N

Faria Comesaña, herdeiros de Carmen

678

Total

145

9935834NG1793N

Descoñecido

156

Total

147

9935836NG1793N

Rodríguez Costas, herdeiros de Alcira

40

Total

151

9935863NG1793N

Villar Méndez, Fernando e outros

161

Total

152

9935859NG1793N

Fernández Freire, Francisco Javier

817

Total

153

9935860NG1793N

Comesaña Pardellas, Benigna Concepción

333,61

Total

153-1

9935860NG1793N

Comesaña Pardellas, Benigna Concepción

85,39

Total

155

9935861NG1793N

Estévez Comesaña, Luis e outros

280

Total

157

9935840NG1793N

Villar Méndez, Fernando e outros

460

Total

162

9935852NG1793N

Pazo Palmas, Teresa de Jesús

290

Total

164-1

9935879NG1793N

Descoñecido

148

Total

167

9935801NG1793N

Gestoso Rodríguez, heredeiros de José e outros

442

Total

173

9733849NG1793S

Pedra Seixa, S.L.

188

Total

174

9733820NG1793S

Fernández Comesaña, Guillermo

243

Total

176

9935845NG1793N

Álvarez Dávila, María Teresa del Carmen e outra

559

Total

176-1

9935876NG1793N

Fernández González, herdeiros de Jesús

566

Total

192

9733825NG1793S

Saure, S.L.

603

Total

193

9733824NG1793S

Comesaña Pazó, José

845

Total

194

9733823NG1793S

Descoñecido

430

Total

197

9733815NG1793S

Martínez de Alegría Martínez de Ilarduya, María Elena

713,2

Parcial

205

9933116NG1793S

Descoñecido

89

Total