Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2021 Páx. 61504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2021 pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número dous do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

Antecedentes de feito:

1. En virtude da Resolución do 18 de marzo de 2021, o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) acordou aprobar inicialmente os proxectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución dos polígonos un, dous e tres do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo), polo procedemento de taxación conxunta, e sometelos a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción dos anuncios no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 63, do 6 de abril) e nos xornais de maior circulación da provincia (os anuncios publicáronse o día 6 de abril de 2021, nas edicións de Deza-Tabeirós, Arousa, Pontevedra e Vigo de La Voz de Galicia, así como no Faro de Vigo).

A taxación dos bens e dereitos que se precisan ocupar neste expediente notificóuselles individualmente aos que aparecen como os seus respectivos titulares, mediante traslado literal da citada Resolución do 18 de marzo de 2021, da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que puidesen formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de recepción da referida notificación, tal e como se sinala no artigo 118.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Igualmente, a dita resolución publicouse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE núm. 85, do 9 de abril), para os efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, o expediente estivo exposto ao dispor das persoas interesadas no Concello de Vigo, na sede da Área Provincial do IGVS en Pontevedra e na páxina web do IGVS, http://igvs.xunta.gal/. Igualmente, deuse audiencia ao citado concello e notificóuselle ao Ministerio Fiscal.

2. O 3 de xuño de 2021, a xefa da Área Provincial do IGVS en Pontevedra emprazou mediante publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 116, do 21 de xuño) a aquelas persoas interesadas ás cales non se puido efectuar a notificación das referidas follas de valoración, para seren notificadas por comparecencia no citado expediente.

3. O 20 de xullo de 2021, por resolución do director xeral do IGVS, acordouse o inicio dos trámites de exclusión de determinados bens e dereitos do expediente expropiatorio para a execución dos polígonos un, dou e tres do solo residencial de San Paio de Navia, no concello de Vigo (DOG núm. 141, do 26 de xullo e corrección de erros no DOG núm. 143, do 28 de xullo). Con posterioridade, a través da Resolución do director xeral do IGVS do 4 de novembro de 2021 e tras o cumprimento do procedemento administrativo establecido no artigo 295.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, acordouse aprobar definitivamente a súa exclusión (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

4. Cumpridos os anteriores trámites, a Administración expropiante, por proposta do perito nomeado para os efectos neste expediente, elaborou un informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas, así como as preceptivas follas de prezo xusto definitivas.

5. En virtude do especificado nos artigos 18 e 19 do Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, o 12 de agosto de 2021, mediante resolución administrativa, o director xeral do IGVS acordou aprobar o procedemento e iniciar os tramites para recoñecer o dereito de realoxamento ás persoas ocupantes legais de vivendas que constitúan a súa residencia habitual no ámbito expropiado, actualmente en tramitación.

6. O 25 de novembro do 2021, a Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos do IGVS asinou o informe sobre a dispoñibilidade orzamentaria co fin de afrontar os expedientes expropiatarios para a execución dos polígonos un, dous e tres do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

7. O 25 de novembro de 2021, a xefa da Área Provincial do IGVS en Pontevedra e representante da Administración desta expropiación emitiu o informe proposta de resolución de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número dous do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

Consideracións legais:

Primeira. O proxecto de expropiación forzosa tramítase polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade co disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Segunda. O dito proxecto ten por obxecto a expropiación polo IGVS, en beneficio propio, dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono número dous do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

De conformidade co disposto no número 10 do artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Terceira. O expediente tramitado reúne a documentación relacionada no artigo 118.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. Di así o citado artigo:

«1. Nos supostos do procedemento de taxación conxunta, o expediente conterá os seguintes documentos:

a) Delimitación do ámbito territorial, cos documentos que o identifiquen en canto a situación, superficie e lindes coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación dos seus titulares.

b) Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

c) Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, nas que se conterá non só o valor do solo, senón tamén o correspondente ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.

d) Follas de prezo xusto que correspondan a outras indemnizacións.

2. O proxecto de expropiación, cos documentos sinalados, será aprobado inicialmente e exposto ao público polo prazo dun mes, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».

A relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se expropian, figuran no anexo desta resolución.

Cuarta. O artigo 118.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, establece que «emitido informe sobre as alegacións, someterase o expediente á aprobación do órgano municipal autonómico que sexa competente. Enténdese que o órgano autonómico competente será a persoa titular da consellería expropiante».

Pois ben, en virtude do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 190, do 18 de setembro), o IGVS quedou adscrito á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda. Segundo o anterior, a persoa titular desa consellería sería a competente para ditar esta resolución. Agora ben, a Orde do 25 de outubro de 2019 (DOG núm. 210, do 5 de novembro), sobre delegacións de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, establece no seu ordinal terceiro, o cal leva por rúbrica expropiación forzosa, que «deléganse nas persoas titulares das direccións xerais da consellería, no ámbito das súas respectivas competencias, o exercicio das facultades que o ordenamento xurídico atribúe á persoa titular da consellería expropiante».

Logo do anterior, enténdese competente para ditar esta resolución, por delegación de competencia, a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

De acordo co informe proposta da xefa da Área Provincial do IGVS en Pontevedra do 25 de novembro de 2021, que consta no expediente,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número dous do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo), coa estimación ou desestimación das alegacións presentadas, segundo os casos, nos termos que aparecen nos informes, respecto de cada unha delas que constan no expediente e, consecuentemente, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación.

O pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto en vía administrativa.

Segundo. Ordenar a notificación desta resolución, de xeito individualizado, a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran como tales neste expediente de expropiación, ao que se lle deberá unir a correspondente folla de prezo xusto definitiva.

Igualmente, deberase notificar esta resolución ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación coas persoas propietarias descoñecidas, e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda en Pontevedra, unha vez determinado, con carácter firme, o prezo xusto dos bens, dereitos ou intereses patrimoniais que se expropian.

Terceiro. Ordenar a publicación desta resolución, así como o seu anexo, que contén a relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se expropian, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo. Así mesmo, publicarase un anuncio no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de que sirva de notificación ás persoas propietarias descoñecidas e das cales se ignore o lugar de notificación ou o medio, ou ben, intentada esta non se puidese efectuar, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte da recepción da notificación ou, de ser o caso, da data da publicación no Boletín Oficial del Estado, os interesados poderán manifestar, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral do IGVS, a súa desconformidade coa valoración fixada no expediente aprobado, conforme o que dispón o artigo 118.7 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

A dita desconformidade presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do procedemento normalizado con código de procedemento PR004A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/, que deberá dirixirse á Dirección Xeral do IGVS.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aqueles suxeitos non obrigados a relacionarse electronicamente coas administracións públicas, conforme o artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderán presentar a súa desconformidade na Área Provincial do IGVS en Pontevedra (sita na rúa Alcalde Hevia, 7, 36071 Pontevedra).

Transcorrido o citado prazo sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente, de conformidade co artigo 118.8 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
P.D. (Orde do 25 de outubro de 2019)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se expropian para a execución do polígono número dous do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo)

Nº orde

Ref. catastral

Persoas titulares

Superficie exp. (m²)

Afección

1-1

0039845NG2703N

Pedrosa Salgueiro, María Jesús e outros

52,52

Parcial

7

0039889NG2703N

Cameselle Costas, María del Carmen

125

Total

9

0039862NG2703N

Costas Barreiro, Manuel

155

Total

13

0039857NG2703N

Amor de Dios Hermanas del Colegio Amor de Dios en Alcabre

2.530,83

Parcial

16

0039868NG2703N

Lago Iglesias, Antonio e outros

968

Total

16AR

0039868NG2703N-AR

Dasilva Dorma, Enrique

0

Arrendatario

18

0039870NG2703N

Pérez Rodríguez, Dolores e outros

1.043

Total

24

0039887NG2703N

Descoñecido

404

Total

25

0039888NG2703N

Descoñecido

67

Total

26

0039856NG2703N

Portabales Lago, Ángel Luis e outros

180

Total

28

0039876NG2703N

Portabales Lago Ángel Luis e outros

494

Total

28AR

0039876NG2703N-AR

Mocalva, S.L.

0

Arrendatario

29

0039855NG2703N

Bea Costas, José Antonio e outros

598

Total

31

0039854NG2703N

Mariño Rodríguez, Víctor e outra

522

Total

34

0039851NG2703N

Armada Costas, María del Carmen

155

Total

36

0039885NG2703N

Alonso Costas, Pilar

589

Total

39

0039823NG2703N

Diocese de Tui-Vigo

2.532

Total

51

0039819NG2703N

Agulla Grandal, María Eugenia e outro

508

Total

51AR

0039819NG2703N-AR

Claudio Dinicola

0

Arrendatario

54

0039822NG2703N

Blanco Rial, Florentina e outros

619

Total

65

0039810NG2703N

Goberna Costas, Rosa Carmen

278

Parcial

231

9733805NG1793S

Fernández Vilas, herdeiros de José

2.025

Total

235

9733851NG1793S

López Oliveira, Isabel

377

Total

236

9733833NG1793S

Goberna Fernández, herdeiros de Eugenio e outros

636

Total

241

9631821NG1793S

Álvarez, Pilar

81

Total

242

9631814NG1793S

Fernández Santos, Manuel

218

Total

255

9631817NG1793S

Landesa Losada, María Isabel

485

Total

270

9830230NG1793S

Costas Costas, Jesús

371

Total

271

9830231NG1793S

Couso Costas, Eduardo

381

Total

274

9830228NG1793S

Alonso Comesaña, herdeiros de María Teresa e outros

246,1

Parcial

293

9728404NG1792N

Costas Costas, María Mercedes

693,79

Total

293-1

9728404NG1792NBIS

Costas Costas, herdeiros de Cándido

1.375

Parcial

301

9827305NG1792N

Costas Costas, María Mercedes

374

Total

304

9827321NG1792N

Landesa Losada, María Isabel

552

Total

305

9827325NG1792N

Goberna Costas, José Manuel

161

Total

315

9729235NG1792N

Landesa Losada, María Isabel

97

Total

315-1

9729237NG1792N

Comesaña Comesaña, María del Carmen

40

Total

319

9729222NG1792N

Prado Comesaña, Guillermo

143

Total

331

9827317NG1792N

Rial Prado, Martín e outros

161

Total