Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2021 Páx. 61494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 16 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o Plan de restauración e abandono de labores da concesión de explotación Cea 2666 (PO/C02666), situada no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra, e a fe de erratas do documento.

O 8 de setembro de 2021, anunciouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) o sometemento ao trámite de información pública do Plan de restauración e abandono de labores da concesión de explotación Cea 2666 situada no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra, de conformidade co disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, para posteriormente dar cumprimento ao dito trámite coa exposición da documentación relacionada no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras).

O 23 de setembro de 2021, Triturados do Saiar, S.L., titular da concesión de explotación Cea 2666, inseriu mediante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia unha fe de erratas como documentación relacionada coa solicitude de autorización do Plan de restauración e abandono de labores da concesión de explotación Cea 2666. En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o Plan de restauración e abandono de labores da concesión de explotación Cea 2666 (PO/C/02666) situada no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, e a fe de erratas do documento.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), e alegar por escrito todo o que crean oportuno, achegándoas en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

Pontevedra, 16 de novembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra