Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 24 de novembro de 2021 Páx. 57558

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de notificación de procedemento de execución subsidiaria relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos propietarios das parcelas que se relacionan a continuación, por razóns non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, fanse públicas as comunicacións de execución subsidiaria relativa á xestión da biomasa.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, ou resulte infrutuosa a notificación, a comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG) dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e que os custos repercutirán ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obrigación das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión de biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Publícase este anuncio no DOG e no BOE para que lles sirva de notificación ás persoas interesadas, para efectos do seu coñecemento da data da execución subsidiaria e do custo da liquidación provisional, para o cal son informadas de que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Cospeito (avenida A Terra Chá, nº 29, 27377 Cospeito, Lugo).

Fíxase como data para a execución dos traballos de labores de limpeza e, de ser o caso, de vexetación dos terreos os días 29 e 30 de novembro de 2021 e 1 de decembro de 2021 a xornada completa para as seguintes parcelas:

Nº de expediente

Ref. catastral

Localización

Persoa responsable

Custo da liquidación provisional

610/2020

27015A027003810000SS

Roza Fonterrega-Cospeito

Ángeles Díaz Vázquez (herdeiros de)

768,35 €

611/2020

27015A027003940000SP

O Marcelo-Cospeito

Irene Díaz Cabana

411,40 €

612/2020

27015A027004000000SO

A Feira do Monte-Cospeito

Jesús Fernández López

266,20 €

614/2020

27015A027004570000SL

O Marcelo-Cospeito

Divina Cecilia Díaz Cabana (herdeiros de)

726,00 €

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, as persoas interesadas poden interpor, alternativamente, os seguintes recursos:

Recurso de reposición potestativo, ante o mesmo órgano que ditou este acordo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que xulgue máis conveniente ao seu dereito.

Cospeito, 10 de novembro de 2021

Armando Castosa Alvariño
Alcalde presidente