Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 24 de novembro de 2021 Páx. 57556

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2020/U032/000002).

O Pleno Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de setembro de 2021, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Carballo (PXOM) consistente na delimitación do núcleo rural nº 2 do Monte, segundo a documentación técnica redactada polos arquitectos Beatriz Aneiros Filgueira (colexiada nº 2137 COAG) e Álvaro Fernández Carballada (colexiado nº 1047 COAG), presentada no rexistro deste concello o 13 de setembro de 2021, nº 22199900004440.

O que se somete a información pública por un prazo de dous meses en cumprimento dos artigos 78.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 191.1 do regulamento da dita lei, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por esta poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Conforme o previsto no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación inicial da modificación puntual determina, en por si, a suspensión das licenzas nos ámbitos en que as novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente. Esta suspensión terá un período máximo de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva. A suspensión non será de aplicación nos seguintes casos:

– Obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio non xustificadas por razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.

– Licenzas de primeira ocupación.

– Proxectos que cumpran simultaneamente o instrumento de planeamento en vigor e a revisión ou modificación deste, sempre que esta fose aprobada inicialmente.

– Actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, sempre e cando se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizados polo novo planeamento.

A totalidade do documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas e na páxina web do Concello na seguinte ligazón:

http://www.carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Carballo, 11 de outubro de 2021

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde