Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 24 de novembro de 2021 Páx. 57560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz-Balneario

ANUNCIO da convocatoria e publicación das bases para cubrir por persoal funcionario unha (1) praza de arquitecta/o técnica/o e unha (1) praza de auxiliar de administración xeral, mediante o sistema de concurso-oposición.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 11 de agosto de 2021, aprobáronse as bases e a convocatoria no marco do proceso de consolidación de emprego temporal, para cubrir por persoal funcionario unha (1) praza de arquitecta/o técnica/o e unha (1) praza de auxiliar de administración xeral, mediante sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 171, do 6 de setembro de 2021, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos do Concello.

Mondariz-Balneario, 29 de outubro de 2021

José Antonio Lorenzo Rodríguez
Alcalde