Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 28 de xullo de 2021 Páx. 38395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa para o peche de instalacións eléctricas no concello de Celanova, e se aproba o proxecto de desmantelamento presentado (expediente IN407A 2021/57-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa para o peche das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado número 1534 do ICOIIG, o día 9.3.2021, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio: A Batundeira, número 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: desmontaxe LMTA entre CT CCL Celanova-32CG30 e apoio T12.

Situación: concello de Celanova (Ourense).

Orzamento: 58.169,68 €.

Características técnicas:

A. Desmontaxe de instalacións sen servizo.

Tramo 1: entre o CT CCL Celanova (32CG30) e o apoio 9-X1 desmontaxe por completo dun triplo circuíto en condutor de tipo LA-110. Como consecuencia do anterior e para eliminar o pórtico existente innecesario para os circuítos restantes, proxéctase un novo apoio de tipo C-16/3000-E30 e substitúense os dous circuítos existentes entre o CT anterior e o apoio proxectado.

Tramo 2: desmontaxe de dous circuítos sen servizo e substitución de condutor doutro con servizo entre os apoios números 9-X1 e D10, e substitúense os pórticos existentes números 9-X1 e 9-X2 por apoios de celosía de tipos C-16/4500-H35 e C-16/1000-H35 respectivamente, e elimínanse o pórtico 9-X3. O novo cable que se vai instalar será de tipo LA-110 ao igual que os existentes que van desmontar.

Tramo 3: desmontaxe dun circuíto sen servizo e substitución de condutor doutros dous con servizo entre os apoios número D10 e T12, e substitúense os pórticos existentes números D11 e T12 por apoios de celosía de tipos C-16/7000-E30 e C-16/9000-E30, respectivamente. O novo cable que se instala será de tipo LA-110 ao igual que os existentes. No apoio número T12 instalarase ITC en substitución do existente.

Tramo 4: retensamento do triplo circuíto existente en condutor de tipo LA-110 sobre o apoio proxectado número T12.

B. Novas instalacións.

• Actuación 1. LMT DC, a 20 kV, de 73 m en condutor tipo LA-110 mm2 Al, con orixe no CT CCL Celanova (32CG30) do expediente número 2016/181 e final no apoio existente número Q15 da LMT CEL804 e da LMT CEL805.

• Actuación 2. LMT, a 20 kV, de 312 m en condutor tipo LA-110 mm2 Al, con orixe no apoio número 9-X1 proxectado da LMTA CEL805 (expediente IN407A 2016/181-3) e final no apoio número D10 existente da LMTA CEL805.

• Actuación 3. LMT DC, a 20 kV, de 200 m en condutor tipo LA-110 mm2 Al, con orixe no apoio número D10 existente da LMTA CEL805 (expediente IN407A 2016/181-3).

Todas as novas instalacións previstas en proxecto poden ser consideradas como modificacións non substanciais de instalacións existentes ao estaren incluídas nas alíneas e), f) e g) do artigo 115.3 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e como tamén sinala a Instrución 2/2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, do 26 de agosto de 2020 (DOG do 23 de setembro), non sería necesario ditar resolución de autorización administrativa previa e de construción para estas instalacións. Procede que, unha vez presentada a documentación de fin de obra por parte da empresa solicitante, se continúen os trámites previstos no artigo 132 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, para a autorización de explotación.

No que respecta ao desmantelamento de instalacións foron cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 135 e seguintes do sinalado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, xa que logo esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa e aprobar o proxecto de peche e desmantelamento das instalacións citadas nos 4 tramos arriba mencionados, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo para a realización do peche e desmantelamento de instalacións será de 3 meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución, e producirase a caducidade da presente autorización se, transcorrido aquel, a empresa eléctrica non comunica a finalización das obras, iso para o levantamento da acta de peche prevista no artigo 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 7 de xullo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense