Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 28 de xullo de 2021 Páx. 38392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2021/35 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: modificado de proxecto de LAT subt. e novo CT Fdez. Cardoso na avda. Rafael Fernández Cardoso OPA 1_6551902.

Situación: concello de Ribadeo.

Visado: si, Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia con número de visado 20210939, do 30 de marzo de 2021.

Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión enlace CT Galopiños (4836) e novo CT Fdez. Cardoso proxectado, con orixe no CT Galopiños (4836) e final no novo CT Fdez. Cardoso proxectado, cunha lonxitude de 205 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña soterrada de alta tensión entre novo CT Fdez. Cardoso proxectado e CT Coniproma (9539), con orixe no novo CT Fdez. Cardoso proxectado e final no CT Coniproma (9539), en condutor RHZ1-150 recuperado en obra.

• CT non prefabricado Fdez. Cardoso, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia instalada de 400 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección con telemando, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Finalidade da instalación: nova subministración.

Orzamento: 53.428,93 €.

Documentación complementaria:

• Separata para o Concello de Ribadeo.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá realizala técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 28 de xuño de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo