Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 28 de xullo de 2021 Páx. 38391

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2021 pola que se corrixe un erro advertido na Resolución do 8 de xullo de 2021 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

Advertido un erro na Resolución de 8 de xullo de 2021, da Universidade da Coruña, pola que se convoca un concurso de acceso a prazas dos corpos docentes universitarios, publicada no BOE número 173, do 21 de xullo, e ao abeiro do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa rectificación nos seguintes termos:

No anexo I, no concurso número 21/024:

Onde di: «Actividade investigadora: visión artificial, análises de imaxe, informática biomédica».

Debe dicir: «Actividade investigadora: visión artificial, análises de imaxe médica, informática biomédica».

A Coruña, 22 de xullo de 2021

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña