Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 28 de xullo de 2021 Páx. 38398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2021/44-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, o día 5.5.2020, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A., CIF: A63222533.

Enderezo: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: regulamentación LMT VLL813 entre apoios nº D62-3 e nº D62-10.

Situación: concello do Pereiro de Aguiar (Ourense).

Orzamento: 57.209,98 €.

Características técnicas:

– Desmonte de 3 apoios e tramo de condutor tipo LC-28, na LMT VLL813 Pte. Gozos-C.H. Castadón, por pase a soterrado, instalando 2 novos apoios fin de liña de celosía metálica (apoios 1 e 2), e novo condutor soterrado tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1X240 mm2 Al. A reforma ten a súa orixe no apoio número BDEWD6EQ//D62-4 e o seu remate no apoio de amarre número BDBBMJTR//D62-7.

– LMT 20 kV, de entroncamento coa derivación a CT 32CY32 en condutor tipo LA-56, de 18 m de lonxitude, con orixe no apoio proxectado número 1, de tipo C 14/2000-H35, da LMTA VLL813 –actuación anterior– e remate no apoio número BDIICBTU//D62-4-1 existente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 7 de xullo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense