Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31469

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 505/2020).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo bis da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 505/2020 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Barlim 2009, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

A Coruña, 6 de abril de 2021.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, os presentes autos número 505/2020 sobre despedimento, seguidos por instancia de Miguel Ángel Aparicio Rosales, asistido polo letrado Sr. López Abad, contra Café Tertulia, S.L., asistido polo letrado Sr. López Borrazás, e Barlim 2009, S.L.

Decisión:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Miguel Ángel Aparicio Rosales contra Barlim 2009, S.L. e declaro a improcedencia do seu despedimento do demandante efectuado con data de efectos 5 de xuño de 2020, e condeno á demanda a optar entre readmitir o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data de efectividade do despedimento ata a readmisión a razón de euros diarios, ou ben, á elección das demandadas, á extinción da relación laboral co aboamento ao demandante dunha indemnización de euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase entenderase que procede a readmisión.

Absólvese a Café La Tertulia, S.L. das pretensións fronte a ela dirixidas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Barlim 2009, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza