Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31471

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 862/2020).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 Reforzo bis da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 862/2020 deste xulgado do social, contra a empresa Café y Cerveza As Mariñas, S.L. e Grupo Hostelero D&M Malvares, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza

A Coruña, 14 de maio de 2021.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, os presentes autos número 862/2020 sobre despedimento, seguidos por instancia de Zaira Martínez Rodríguez, asistida polo letrado Sr. Vales Raña, contra Café y Cerveza As Mariñas, S.L. e Grupo Hostelero D&M Malvares, S.L. e Fogasa.

Parte dispositiva

Estímase a demanda formulada por Zaira Martínez Rodríguez, asistida polo letrado Sr. Vales Raña, contra Café y Cerveza As Mariñas, S.L. e Grupo Hostelero D&M Malvares, S.L. e Fogasa, e declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza, condenado a empresa demandada, Grupo Hostelero D&M Malvares, S.L. a que lle aboe a cantidade de 2.307,96 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 44,17 euros/día, así como os salarios de tramitación dende a data do despedimento, 22 de outubro de 2020, ata a data desta sentenza, por importe de 9.054,85 euros.

Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Absólvese a Café y Cerveza As Mariñas, S.L. das pretensións contra eles dirixidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Café y Cerveza As Mariñas, S.L. e Grupo Hostelero D&M Malvares, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza