Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31456

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 426/2018).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 reforzo bis da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 426/2018 deste xulgado do social, contra a empresa Cotemac, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza

A Coruña, 14 de decembro de 2020.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos 426/2018, seguidos por instancia de Roberto Pascual Pascual, asistido pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra Cotemac, S.L. e Fogasa.

Fallo

Estímase a demanda presentada por instancia de Roberto Pascual Pascual contra Cotemac, S.L. e Fogasa e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade total de 4.883,44 euros como cantidades debidas máis o xuro legal da devandita cantidade.

E, igualmente, condénase a demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 200 euros.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncia, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cotemac, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza