Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31458

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 193/2021).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo bis da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 193/2021 deste xulgado do social, contra a empresa Comercial Impormóvil, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza:

A Coruña, 14 de maio de 2021.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, os presentes autos número 193/2021 sobre despedimento, seguidos por instancia de José Manuel Bello Vilariño, asistido pola letrada Sra. Fieira Busto, contra a mercantil Comercial Impormóvil, S.A.

Parte dispositiva:

Estímase a demanda formulada por José Manuel Bello Vilariño, asistido pola letrada Sra. Fieira Busto, contra a mercantil Comercial Impormóvil, S.A., e declaro a improcedencia do seu despedimento e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 61,29 euros diarios ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante da indemnización de 10.967,59 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Condénase a empresa demandada a aboar á demandante en concepto de liquidación e quitanza o importe de 831,25 euros.

Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

E, igualmente, condénase a demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 200 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Comercial Impormóvil, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza