Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31460

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (ETX 168/2020).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo bis da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 168/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Rodríguez Teijeiro contra a empresa Hércules de Armamento, S.L., sobre despedimento, nº 394/2020, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: Fátima García Castro.

A Coruña o vinte e catro de maio de dous mil vinte e un.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Manuel Rodríguez Teijeiro presentou solicitude de execución de Sentenza do 13.11.2020, ditada no procedemento de despedimento con nº 394/2020, fronte a Hércules de Armamento, S.L. e, atendendo á devandita solicitude, con data do 23.4.2021, este órgano xudicial ditou auto que despachaba orde xeral de execución pola cantidade de 3.949,72 euros en concepto de principal máis a cantidade de 631,96 euros presupostados para xuros e custas.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Hércules de Armamento, S.L., realizada por Decreto do 11.2.2021, ditado polo Xulgado do Social número 2, no procedemento de execución nº 12/2021.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS, ditouse na data o decreto que daba audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, se é o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta nos autos.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Hércules de Armamento, S.L. en situación de insolvencia provisional por importe de 3.949,72 euros de principal, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente».

E para que sirva de notificación na forma legal a Hércules de Armamento, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza