Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31454

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (499/2020).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo bis da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 499/2020 deste xulgado do social, contra a empresa Restauración Terracotta Grill, S.L., sobre despedimento, foi ditada a resolución, cuxa parte dispositiva di:

«Sentenza.

A Coruña, 27 de abril de 2021.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, os presentes autos número 499/2020 sobre despedimento, seguidos por instancia de Angy Daniela Rodríguez Ibáñez, asistida polo letrado Sr. Paramo Sureda, contra Restauración Terracotta Grill, S.L.

Decido:

Estimar a demanda interposta por Angy Daniela Rodríguez Ibáñez, asistida polo letrado Sr. Paramo Sureda, contra Restauración Terracotta Grill, S.L., e declarar a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 18 de marzo de 2020 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 44,31 euros diarios ou ben, á escolla do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 487,37 euros por despedimento improcedente; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa».

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

E para que sirva de notificación en legal forma a Restauración Terracotta Grill, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza