Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 2 de xuño de 2021 Páx. 27325

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (PO 941/2020).

Eu, José Lloves Forneiro, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, polo presente nuncio:

No presente procedemento ordinario 941/2020 seguido por instancia de José Ramón Pardo Fernández fronte a Eladio Ribada Rodríguez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza: 93/2021.

En Ourense o seis de abril de dous mil vinte e un.

Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos ante este xulgado baixo o número 941 do ano 2020, por instancia de José Ramón Pardo Fernández, representado polo procurador Sr. Tovar López-Cuevillas e asistido do letrado Sr. Estévez Domínguez, en substitución da súa compañeira a letrada Sra. Vázquez-Gulías Vázquez, e como demandado Eladio Ribada Rodríguez, en situación de rebeldía procesual, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais.

Decido estimar a demanda interposta por José Ramón Pardo Fernández representado polo procurador Sr. Tovar López-Cuevillas e asistido do letrado Sr. Estévez Domínguez, en substitución da súa compañeira a letrada Sra. Vázquez-Gulías Vázquez, e como demandado Eladio Ribada Rodríguez, en situación de rebeldía procesual,

E declárase:

1º. Que Eladio Ribada Rodríguez e Rosa Pardellas Ambrosio son copropietarios por partes iguais e privativas do predio descrito no feito segundo, en virtude de escritura autorizada polo notario de Ourense, Luis Moure Mariño, o día 22 de febreiro de 1984 baixo número de protocolo 978.

2º. Que Eladio vendeu o seu 50 % a Rosa Pardellas Ambrosio, adquirindo ela o 100 % da propiedade da referida vivenda.

3º. Que José Ramón Pardo Fernández é o novo e único propietario do predio descrito no feito segundo, en virtude da herdanza aceptada e adxudicada de Rosa Pardellas Ambrosio, formalizada ante a notaria de Ourense, María José Rodríguez Tourón o 21 de febreiro de 2020, con número 272 do seu protocolo.

E na súa virtude declárase a procedencia de:

1º. Practicar a rectificación rexistral da inscrición do predio número 12575, tomo 999, libro 119, folio 140, do Rexistro da Propiedade número 2 de Ourense, consistente en que a inscrición da propiedade a favor de Eladio Ribada Rodríguez e Rosa Pardellas Ambrosio padece unha inexactitude, debendo rectificar que ambos os señores eran copropietarios a medias e iguais partes privativas.

2º. Practicar a rectificación rexistral conforme o previsto na escritura de aceptación de herdanza, rectificación, ratificación e adxudicación parcial, efectuada na notaria de Ourense María José Rodríguez Tourón, no seu expositivo IV.

3º. Que o dito predio se inscriba a favor de José Ramón Pardo Fernández como propietario en virtude de testamento outorgado por Rosa Pardellas Ambrosio.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mando e asínoo.

O/a maxistrado/a xuíz/a».

E encontrándose o dito demandado, Eladio Ribada Rodríguez, en paradeiro descoñecido, expídese o presente edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 12 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza