Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 2 de xuño de 2021 Páx. 27323

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO de notificación de sentenza (PO 288/2020).

No procedemento ordinario número 288/2020 ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Ferrol o trece de novembro de dous mil vinte.

Vistos os autos de procedemento ordinario 288/2020 por Montserrat Matos Salgado, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, seguidos ante ela por instancia da entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A., que actúa representada pola procuradora Sra. Villalba López e asistida polo letrado Sr. Calderón Riestra, contra Iván Laplaña Sanjurjo, en situación de rebeldía procesual, versando a litis sobre resolución de contrato de préstamo e reclamación de cantidade.

Decido que, estimando integramente a demanda interposta pola entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A., que actúa representada pola procuradora Sra. Villalba López e asistida polo letrado Sr. Calderón Riestra, contra Iván Laplaña Sanjurjo, en situación de rebeldía procesual:

1. Debo declarar e declaro que Iván Laplaña Sanjurjo debe á entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A., a suma de 6.281,28 euros e, en consecuencia:

2. Debo condenar e condeno a demandada a estar e pasar pola anterior declaración e a abonar á demandante a suma indicada anteriormente, en concepto de principal.

3. Así mesmo, ao aboamento á demandante dos xuros legais que xerase a dita cantidade desde a interposición da solicitude de proceso monitorio ata a presente resolución e os xuros legais previstos no artigo 576 LAC desde a data do ditame da presente resolución e ata o seu completo pagamento.

4. Con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde a súa notificación ante a Audiencia Provincial da Coruña, que se presentará ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne. Na interposición do recurso o apelante deberá expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna. O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigos 456.2 e 458 LAC), alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar constituír, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de Xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituírse ingresando a citada cantidade na conta deste expediente con número ES5500493569920005001274, da entidade Santander, sinalando no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar, neste caso, no campo observacións, a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así o pronuncia, manda e asina, Montserrat Matos Salgado, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Iván Lapaña Sanjurjo, con DNI 32708034X, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 20 de abril de 2021

José Miguel Regueiro Pérez
Letrado da Administración de xustiza