Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 2 de xuño de 2021 Páx. 27327

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (PO 905/2012).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario número 905/2012 seguido por instancia de Comunidade de Propietarios Edificio Vita fronte a María Ilde Portos Taboada e M&M Construcciones, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza o 23.6.2015, onde os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto, contra a que cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interpoñerá por escrito ante este xulgado, no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación.

E atopándose dita demandada, M&M Construcciones, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Pontevedra, 17 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza