Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 1 de xuño de 2021 Páx. 27086

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 203/2017).

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Xesgalicia Sociedad Gestora de Entidades de Capital-Riesgo, S.A. fronte a José Piñeiros Ares, José Carlos Iglesias García e Amado Caride Ramos ditouse a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 7.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2021.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen estas actuacións rexistradas como procedemento ordinario baixo o número 203/2017, en materia de resolución de contrato, nas cales é parte demandante a mercantil Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Capital-Riesgo, S.A., asistida polo letrado Sr. Fernández Obanza-Carro e representada pola procuradora dos tribunais Sra. Teruel Sanjurjo, en que son partes demandadas José Piñeiro Ares, José Carlos Iglesias García e Amado Caride Ramos (declarados todos e cada un deles en situación procesual de rebeldía), no nome do rei dito esta sentenza con base no seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo o escrito de demanda reitor presentado pola procuradora dos tribunais Sra. Teruel Sanjurjo, que actuando en nome e representación de Xesgalicia Sociedad Gestora de Entidades de Capital-Riesgo, S.A., asistida polo letrado Sr. Fernández Obanza-Carro fronte a José Piñeiro Ares, José Carlos Iglesias García e Amado Caride Ramos (declarados todos e cada un deles en situación procesual de rebeldía) e, en consecuencia, debo declarar e declaro a resolución do contrato protocolizado nº 3438, do 17 de decembro de 2008, entre a mercantil Adiante 2000, Fondo de Capital-Riesgo, a través da súa xestora e agora demandante e a mercantil Gráficas del Noroeste, S.A. e os demandados como socios da empresa Gráficas del Noroeste, S.A., e condeno solidariamente os demandados ao pagamento a favor do fondo de capital risco demandante da cantidade de 1.476.522 euros en concepto de indemnización por danos e perdas causados (valor do obxecto da promesa de compra e venda e obxecto da acta de fixación de prezo como saldo debedor) + a cantidade que resulte en concepto de xuros legais devindicados sobre o principal de condena desde a interposición da demanda de acordo co disposto nos artigos 1100, 1101 e 1108 do Código civil e ata o momento do efectivo e completo pagamento, cantidade esta que se determinará en ulterior fase de execución de sentenza.

Que, así mesmo, debo condenar e condeno solidariamente os demandados ao pagamento das custas causadas nesta instancia.

Notifíqueselles esta resolución xudicial a todas as partes comparecidas e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, que se presentará no prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa notificación ante este órgano xudicial, para ante a Audiencia Provincial da Coruña, logo de consignación oportuna para ese efecto.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza. María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

A xuíza substituta.

Ao encontrarse o dito demandado, José Piñeiro Ares, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza