Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 1 de xuño de 2021 Páx. 27088

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (XVB 597/2020).

JVB xuízo verbal 597/2020-4

Procedemento orixe: /

Sobre outros verbal

Demandante: Diego Pais Rodríguez

Procurador: Domingo Núñez Blanco

Avogado: Diego Pais Rodríguez

Demandada: Nancy Beatriz Domínguez

Eu, Mª Manuela García Jalón da Lama, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 5 de Santiago de Compostela, fago saber que no presente procedemento foi pronunciada sentenza cuxo extracto literal é o seguinte:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2021.

Vistos por min, Andrés Lago Louro, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 5 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade seguidos neste xulgado co nº 597 do ano 2020, por instancia de Diego Pais Rodríguez, contra Nancy Beatriz Domínguez, en situación de rebeldía procesual en atención aos seguintes,

…./….

Decido:

Estimar totalmente a demanda interposta por Diego Pais Rodríguez contra Nancy Beatriz Domínguez, condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 4.219,00 euros, así como os xuros legais producidos pola devandita cantidade nos termos previstos no fundamento xurídico terceiro da presente resolución. Todo iso con imposición á parte demandada das custas causadas neste procedemento.

…/…

E atopándose a dita demandada, Nancy Beatriz Domínguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza