Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26600

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo

EDICTO (422/2020).

Eu, María Luisa Represa Garazo, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo, polo presente, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Sareb, S.A. fronte a ignorados ocupantes de Travesía de Naia 14 Vigo ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Susana Álvarez García, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia nº 8 dos de Vigo, viu os autos sinalados co nº 422/2020, seguidos polos trámites do xuízo verbal por instancia de Sareb, S.A., representada polo procurador José Manuel Jiménez López e asistida da letrada Mª Jesús Ferreiro Gómez, contra os ignorados ocupantes de traveseira de Naia nº 14 (polígono 56, parcela 392) de Vigo, en rebeldía, e dita a seguinte:

Decisión:

Que estimando a demanda interposta en autos de xuízo verbal nº 422/2020 polo procurador José Manuel Jiménez López, en representación de Sareb, S.A. (Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria), contra os ignorados ocupantes da leira situada en traveseira de Naia nº 14 (polígono 56, parcela 392), de Vigo, debo declarar e declaro haber lugar ao desafiuzamento por precario respecto desta, condenando os demandados a estar e pasar por esta declaración e a desaloxar o inmoble de autos, deixándoo libre, vacuo e expedito ao dispor da parte demandante, con apercibimento de ser lanzados deste, se así non o fixesen no termo legal, e con imposición aos devanditos demandados das custas procesuais causadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado, do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de 20 días a partir da súa notificación (artigo 458.1 da LAC), logo de depósito da suma de 50 euros na conta de depósitos e consignacións do xulgado.

Únase esta resolución ao libro da súa clase, deixando nos autos testemuño desta.

Así, por esta a miña sentenza, fallando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo, en Vigo, vinte e cinco de marzo de dous mil vinte e un».

E atopándose o devandito demandado, ignorados ocupantes de travesía de Naia 14 Vigo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 21 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza