Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26602

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO (XVB 85/2019).

Eu, Cristina Iscar Cifuentes, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, por este edicto anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal 85/2019, seguido por instancia de Distribuciones Disramo, S.L, contra Yolanda González Álvarez, ditouse a Sentenza 88/2020, do 20 de outubro, cuxo teor literal é o seguinte:

«Que estimo a demanda presentada por mercantil Distribuciones Disramo, S.L. e condeno a Yolanda González Álvarez a aboarlle á demandante a cantidade de catrocentos vinte euros (420 €), dos cales 380 € devindicarán os xuros do artigo 7.2 da Lei 3/2004 desde a data de presentación da demanda (26.11.2019), con expresa imposición de custas á parte demandada.

Aplicaranse os xuros legais dispostos no artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme e que contra esta non cabe recurso, de acordo co artigo 455.1 da LAC».

Ao encontrarse a dita demandada, Yolanda González Álvarez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Tui, 23 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza