Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26603

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (598/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 598/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristóbal Angulo Rodríguez contra Fondo de Garantía Salarial, Campamentos de Obras Móviles, S.L., sobre ordinario, se ditou resolución con data do 4 de maio de 2021, en cuxa pare dispositiva consta:

Parte dispositiva.

Acordo ter por desistido a Cristóbal Angulo Rodríguez da súa demanda fronte a Fondo de Garantía Salarial, Campamentos de Obras Móviles, S.L., e arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, art. 188 da Lei da xurisdición social. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº ES5500493569920005001274 no Santander, e deberá indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicará no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de notificación en legal forma a Campamentos de Obras Móviles, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da Coruña.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza