Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26605

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (SSS 497/2020).

Eu, Rafael González Alio, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Juan Francisco Carreja Seoane contra Mutua Css Intercomarcal nº 39, Instituto Nacional da Seguridade Social, Fisterra TIG, S.L., en reclamación por Seguridade Social, rexistrado como Seguridade Social 497/2020 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Fisterra TIG, S.L., en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 4.4.2022 ás 10.15 horas, en planta 4, sala 9, edif. xulgados, para a celebración dos actos de xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Fisterra TIG, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 30 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza