Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26216

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1158/2019).

Eu, Alejandro Manuel Rova Fraga, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, dou fe e certifico que no procedemento de divorcio seguido neste xulgado co número 1158/2019 se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 141.

En Vigo o dezaseis de abril de dous mil vinte e un.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1158/2019, sobre disolución do matrimonio por divorcio; actúa como demandante Manuel Maceira Fernández, representado polo procurador dos tribunais Ricardo Estévez Cernadas e con asistencia letrada de María Elena Ferreiro Rodríguez, contra Ana Luzia de Souza, declarada en situación de rebeldía procesual, con base no seguinte:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo:

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Estévez Cernadas, en nome e representación de Manuel Maceira Fernández, contra Ana Luzia de Souza, declarada en situación de rebeldía, admítoa e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Sexa firme esta resolución e comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixando constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución ante a Audiencia Provincial».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Ana Luzia de Souza, expídese o presente edicto para que lle sirva de cédula de notificación.

Vigo, 21 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza