Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26218

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (977/2019).

Eu, Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, mediante o presente edicto, anuncio que no presente procedemento verbal 977/2019, seguido por instancia de José Antonio Domínguez Peixoto fronte a Eloy Bazarra Piñeiro, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolvo:

Admitir integramente a demanda interposta por José Antonio Domínguez Peixoto fronte a Eloy Bazarra Piñeiro e debo condenar e condeno este a lle permitir o acceso ao terreo propiedade do demandante descrito no feito primeiro da demanda e que vai desde a propiedade do demandado, sita no número 29 do mesmo Camiño da Galindra. O devandito paso discorre a través desta, desde o camiño público a través dun portalón cara ao portón e á porta de acceso á propiedade do demandante. No futuro debe absterse de realizar actos que perturben a devandita posesión.

Impónselle o pagamento das custas ao demandado.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela (...).

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E estando o devandito demandado, Eloy Bazarra Piñeiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación na forma.

Vigo, 12 de febreiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza